Que é Delegación de Alumnos?

É o máximo órgano de representación, participación, deliberación e información do alumnado. A súa función é coordinar e canalizar a representación dos estudantes, velando polos seus dereitos e prestando servizos co fin de que a estancia universitaria sexa a mellor tanto a nivel académico, cultural ou no ámbito da participación en órganos de goberno.

Quen forma parte de Delegación de Alumnos?

Forman parte da delegación os representantes delegados de cada curso das titulacións da facultade así como os representantes de estudantes nos distintos órganos de goberno. A delegación está presidida por un coordinador delegado e unha secretaria, elixidos en asemblea por votación, tendo que ser estes delegados de curso actuais.

Qué función ten Delegación de Alumnos?

  • Promover canalizar e executar as decisións tomadas en asemblea, así como representala sempre que sexa necesario.
  • Atenderte nas túas peticións, nas túas suxestións, nas túas reclamacións…
  • Realizar unha xestión ordinaria de iniciativas e conflitos que afecten ós estudantes en tódolos ámbitos universitarios e defender ós alumnos cada vez que xurdan conflitos.
  • Informar ós delegados de tódalas novidades que afecten ó alumnado. – Fomentar e promover as iniciativas para a mellora das condición xenerais dos estudantes do centro.
  • Incentivar a participación do alumnado.

Distribuír e xestionar as asignacións presupostarias, organizando actividades que propoñan os estudantes. O noso propósito é axudar ó alumnado, respondendo ás súas dúbidas sobre o funcionamento da facultade, e resolvendo os posibles problemas que poidan surxir no entorno académico.

Podedes atoparnos en Facebook, Twitter e Instagram, onde tentamos informar ó alumnado de todas aquelas cuestións que lles sexan de interese académico e formativo. Para calquera cuestión ou dúbida, contacta con nós en delegacioncsc@gmail.com ou a través do teu delegado de clase.

Na facultade estamos no 1º andar, á dereita do ascensor principal.