COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL

CARACTERÍSTICAS

  • Campus: Pontevedra
  • Tipo: Grao
  • Créditos ECTS totais: 240
  • Modalidade: Presencial
  • Prazas: 45
  • Número de cursos: 4
  • Código: P04G070V01
  • Prezo por crédito do Grao: 9,85€ en 1a matrícula

DESCRICIÓN

A consideración da comunicación, no seu sentido máis amplo, como factor económico clave na política de empresa, certifica o interese deste grao, no que se forman profesionais que, en consonancia coa crecente demanda laboral e a expansión do sector audiovisual no noso país e no resto da Unión Europea, poidan desenvolver optimamente as tarefas de guionista, director, realizador audiovisual, produtor, xestor, editor ou deseñador de posprodución en medios audiovisuais convencionais e multimedia, sen esquecer a faceta cultural e humanista que vai caracterizar o seu traballo, xunto á capacidade crítica, analítica e reflexiva en relación ao feito audiovisual.

SAÍDAS PROFESIONAIS

  • Guionista, director e produtor en cine e tv.
  • Realizador audiovisual e multimedia.
  • Posproductor de vídeo, son e efectos visuais.
  • Director de fotografía en cine e tv.
  • Creador de vídeoxogos, aplicacións e contidos transmedia.
  • Creador de contidos en medios sociais.
  • Deseñador e xestor web.
  • Community Manager.

OBXETIVOS XERAIS DA TITULACIÓN

– Capacidade analítico-crítica de natureza pluridisciplinaria orientada á comunicación e ao seu entorno socioeconómico.

– Capacidade para levar a cabo labores profesionais de tipo práctico en producións de cine, radio, vídeo, televisión e multimedia.

– Capacidade creativa e dominio da linguaxe audiovisual.

– Predisposición á innovación nos diferentes soportes e producións.

– Facilidade para adaptarse á comunicación nos futuros ambientes multimedia.

Queres máis información?

Contacta por correo co Coordinador do Grao: Oswaldo García Crespo (oswaldogarcia@uvigo.es)